Desde o noso centro acudiron 110 alumnos e alumnas de 1º a 4º de Educación Primaria acompañadas polos respectivos titores e titoras e o coordinador do EDLG do CPI Domingo Fontán de Portas. A saída realizouse aproximadamente ás 10.40 horas e regresamos sobre as 13.00 horas.A función comezou ás 11.00 horas e rematou aproximadamente ás 12.30 horas. Foi unha boa ocasión para poñer en contacto ao alumnado máis pequeno con proxeccións en galego nunha sociedade que vive rodeada de diversas atraccións para a rapazada en castelán case ao cento por cento. Por iso esta xornada serviu para reivindicarmos
GÚSTANOS O CINEMA EN GALEGO
GÚSTANOS "MAIMIÑO"
No hay comentarios:
Publicar un comentario