7 nov 2014

Actividades no Samaín do EDLG

Durante a semana final de outubro o EDLG colaborou nas actividades do centro para celebrar o Samaín.

Así, prestamos axuda na preparación dos contos para o Samaín, todos en galego, e realizamos unha exposición con obras en galego de medo.

Libros de Educación Infantil para o Samaín



Libros de Educación Primaria para o Samaín



Libros de Educación Secundaria para o Samaín


EDLG do CPI Domingo Fontán de Portas 2014-2015

Xa está en marcha un novo curso e o EDLG xa comezou a súa andaina tamén. Durante o mes de setembro e outubro tivemos as primeiras reunións do curso para realizar a programación e poñer en marcha as primeiras actividades.

Contamos cun bo número de colaboradores no alumnado. Esperamos que as actividades estean á altura para este curso.

21 may 2014

Enlace aos vídeos da V Festa da Lingua

Publicamos un enlace desde o que podedes ver os vídeos da V Festa da Lingua organizada pola coordinadora comarcal Terras do Umia da que forma parte o noso centro. Podedes velos no seguinte enderezo:




16 may 2014

Libros e carteis de Díaz Castro

O EDLG realizou unha pequena exposición con obras sobre Díaz Castro para publicitar a súa biografía. Ao mesmo tempo expuxemos o seu libro Nimbos para facelo aínda máis coñecido entre a comunidade escolar.
Tamén colocamos, como é habitual, os carteis institucionais sobre a súa figura

Homenaxe a Díaz Castro no CPI Domingo Fontán

Hoxe, 16 de maio de 2014 fixemos unha pequena homenaxe a Díaz Castro, poeta ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano. Aproveitando o bo día, baixamos ao campo de fútbol do Portas que temos ao lado do centro para representar unha pequena biografía con momentos dramatizados da vída do autor; tamén fixemos unha lectura colectiva do poema "Penélope", onde un representante do alumnado de cada grupo leu un verso; finalmente, léronse os texto finalistas no concurso de microrrelatos e micropoemas e entregámoslle un pequeno agasallo aos autores e autoras.

13 may 2014

Exposición sobre Díaz Castro

O EDLG, en colaboración co Equipo da Biblioteca, publicou unha exposición de imaxes e montaxes sobre Xosé María Díaz Castro, poeta ao que se lle dedica este ano as letras galegas.

VI Festa da Lingua organizada pola coordinadora Terras do Umia

A coordinadora comarcal de EDLG Terras do Umia celebrou o pasado venres 9 de maio a VI Festa da Lingua no Auditorio de Portas. Léronse os microtextos, realizouse a final do concurso de cancións "Sondoumia" e deuse o premio "Lingumia" á promoción pública do galego, neste caso no sector da viticultura.


5 feb 2014

Exposición de libros en galego para o día da Paz

O EDLG seleccionou diversas obras para a Día escolar da Paz e da Non Violencia. Aquí publicamos a listaxe de obras expostas.

Tratan sobre conflitos grupais, a violencia, os problemas que ocasionan as guerras e a discriminación.

NARRATIVA
Aneiros, Rosa: Resistencia, Xerais
Aleixandre, Marilar: A cabeza de Medusa, Xerais
Boyne, John: O neno do pixama a raias, Narrativa K
Casares, Carlos: Ilustrísima, Galaxia
Casares, Carlos: Os mortos daquel verán, Galaxia
Castro, Francisco: Un bosque cheo de faias, Everest
Costas, Ledicia: Unha estrela no vento, Xerais
Fernández Ferreiro, Xosé: Agosto do 36, Xerais
Fernández Paz, Agustín: Noite de voraces sombras, Xerais
McCarthy, Cormac: A estrada, Narrativa K

Miranda, Xosé: Morning Star, Xerais
Rivas, Manolo: O lapis do carpinteiro, Xerais
Riveiro Coello, Antonio: As rulas de Bakunin, Galaxia
Taylor, Kressman: Enderezo descoñecido, Xerais
Zubizarreta, Patxi: De fel e mel, Xerais

ENSAIO
Que me dis de… A comunicación, Nova Galicia Edicións
Que me dis de… Dereitos Humanos, Nova Galicia Edicións
Que me dis de… Valores sociais, Nova Galicia Edicións

Concurso de microtextos

O EDLG está a promover como todos os anos a participación no concurso de microrrelatos e micropoemas organizado pola coordinadora comarcal Terras do Umia.


Os microrrelatos non poden pasar de 100 palabras e levar a palabra "noite"

Concurso Sondoumia

A coordinadora comarcal de EDLG convoca o concurso SONDOUMIA para fomentar o uso do galego na música.



“Sondoumia”
II Festival da Canción de Terras do Umia
            A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o II  concurso de cancións en galego “Sondoumia” (curso 2013-2014). Poderán participar  todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas :

Categorías:
Haberá dúas categorías:
a) Infantil e Primaria
b) ESO e Bacharelato

Bases:
            - Poderase participar como solista ou como grupo.
            - Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
            - As cancións teñen que estar en galego.
            - Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
            -Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
            -Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo pero concursarán sempre na categoría de superior idade
-Presentaranse as gravacións en formato WAV ou Mp3.

Prazo e fases de presentación
Fase previa
            -Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
Fase final
            -O prazo de presentación remata o 14 de marzo de 2014.
            -As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” (concederase un primeiro premio e un áccesit en cada categoría)
            Xurado
            Un xurado nomeado pola coordinadora Terras do Umia designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a orixinalidade