26 jun 2020

Última curta: "A Entrevista"

Resultado dunha das creacións do alumnado que participou  na formación en edición de curtas, cos temática de igualdade. Un proxecto que xurdiu dunha proposta do Concello de Portas e no que participaron o Equipo de Igualdade  do centro, o E.D.L.G., e alumnado de E.S.O.

Outra curta sobre igualdade.

Resultado dunha das creacións do alumnado que participou  na formación en edición de curtas, cos temática de igualdade. Un proxecto que xurdiu dunha proposta do Concello de Portas e no que participaron o Equipo de Igualdade  do centro, o E.D.L.G., e alumnado de E.S.O.

Curta:" A carga mental".

11 may 2020

Vídeopoemas da Casa-Museo Manuel María. Suspensión do certame 2020

 Ola!

Este ano de pandemia está a ter moitas suspensións: clases, traballos, pero tamén concursos educativos como o de videopoemas da Casa-Museo Manuel María no que estivemos a participar nas últimas edicións.

A Casa-Museo Manuel María púxose en contacto con nós o 7 de maio para comunicarnos que definitivamente non se continuaba coa edición deste ano porque quedaría, segundo o seu criterio, desvirtuada. 

Queremos, con todo, deixarvos algunha mostra do que estivera a facer o noso alumnado. En concreto imos poñer algún vídeo que consideramos que podían seleccionar para a fase final de terse producido...

Eis o de Blanca e Nerea de 4º de ESO.