14 abr 2015

Concurso "Cóntame un conto veciño"

Xa están expostas no CPI Domingo Fontán as bases do concurso "Cóntame un conto veciño",  organizado polos Concellos de Barro e Portas.

Poderán participar persoas empadroadas en Barro e Portas e o prazo de presentación remata o luns 27 de abril ás 14 horas.

Establécense as seguintes categorías:

-Para 3-5 anos (Infantil), presentaranse polo menos 5 ilustracións que conten unha historia
-Para Primaria: tres caras coa estrutura dun conto (folios achegados pola organización) e con algunha ilustración
-Para Secundaria: extensión de un folio, texto pasado a computador  (letra Arial 12)
-Para persoas a partir de 17: extensión de un folio, texto pasado a computador  (letra Arial 12)

Premios:

-Infantil: xogo didáctico para cada aula
-1º ciclo de Primaria: Gañador: 50 €, Finalista: 25 €
-2º ciclo de Primaria: Gañador: 50 €, Finalista: 25 €
-3º ciclo de Primaria: Gañador: 50 €, Finalista: 25 €
-1º ciclo de Secundaria: Gañador: 90 €, Finalista: 50 €
-2º ciclo de Secundaria: Gañador: 90 €, Finalista: 50 €
-Adultos: Gañador: 50 €, Finalista: 25 €