28 may 2015

As linguas do mundo

Desde o EDLG, en colaboración co Departamento de Lingua Galega e Literatura estivemos a preparar a exposición "Familias de linguas: as linguas do mundo" que se encadra dentro do proxecto da biblioteca "Culturas do mundo".
O alumnado de 2º ESO realizou murais sobre as familias lingüísticas e expuxémolos polo corredor preto das aulas

18 may 2015

Charla de Carlos Negro

Este luns 18 de maio visitou o noso centro o escritor e poeta Carlos Negro para falar fundamentalmente do libro Makinaria. O alumnado de 3º e 4º de ESO compartiu as dúas sesións da tarde co escritor de orixe lalinense e escoitou da voz do poeta a maioría dos poemas e falouse do proceso de creación: para que serve a poesía, que é, que permite expresar e que nos transmite.
Sobre esta obra o alumnado de 4º fixera un traballo de vídeo-creación e comentario e ao final vimos algunhas destas montaxes de recitado.
Finalmente Carlos Negro asinou algúns exemplares de Makinaria e outras obras súas existentes no centro como Far West, Penúltimas tendencias e Abelcebú.
Foi unha interesante visita que nos permite achegarnos máis á poesía.

15 may 2015

Actos das Letras Galegas

Este venres 15 de maio celebramos as Letras Galegas no CPI Domingo Fontán a partir das 10 horas aproximadamente fronte as bancadas do campo de fúitbol.
Neste acto realizouse un pequeno repaso á vida de Filgueira Valverde, homenaxeado este ano e logo léronse dous pequenos relatos seus adaptados: "A tendeira", no que participaron dúas persoas de cada grupo do centro e "O perito" lido polo club de lectura.
A continuación entregáronse os premios e léronse os textos que foron finalistas no concurso de microtextos Terras do Umia.
Sobre as 11 volvemos para as aulas sabendo un pouquiño máis sobre as nosas letras.


13 may 2015

Concerto de Uxía Senlle

Uxía Senlle, acompañada de dous fantásticos músicos, realizou unha triple actuación no noso centro hoxe, mércores 13 de maio.
Ás 10.30 actuou para infantil e primeiro ciclo de primaria.
Ás 11.30 para o segundo e terceiro ciclo de Primaria.
Ás 12.40 actuou para ESO.

Con cancións propias e algunhas cancións adaptadas para cada público rubricou unha estupenda actuación a cantante galega.

8 may 2015

Cartaces letras galegas 2015

Esta semana pegamos os cartaces das Letras 2015 polos corredores do centro como vén sendo habitual.

Festa da lingua comarcal

Este venres 8 de maio asistimos a VI Festa da Lingua organizada pola coordinadora comarcal de EDLG "Terras do Umia" na que estamos integrados.
Ao acto asistiron o alumnado de 6º de Educación Infantil, e de primaria asistiron 2º B, 4º e 5º, cursos que tiñan gañadores comarcais.
Na Festa léronse os microtextos, interpretáronse cancións para o concurso Sondoumia e entrogouse o premio Lingumia ao uso do galego na sociedade.
Ademais o acto estivo presentado por dúas persoas do noso centro entre as 11 e as 13 horas no auditorio da azucreira de Portas.

Correlingua 2015


Colocamos os carteis do Correlingua polo centro aínda que este curso non participamos dado que temos moitos actos e saídas planificadas nestas datas. Con todo, desexamos que a realización destas marchas pola lingua sexan un éxito, como sempre.