18 jun 2015

Obras dixitais da ATG para o club de lectura

Nesta fin de curso realizamos unha actividade en colaboración co club de lectura. Visitamos a páxina da Asociación de Tradutores Galegos para acceder a algunhas obras que descargamos para os pen (agasallo fin de curso para o Club de lectura).

Entre as obras que incluímos están historias de Jules Verne, R. Kipling ou Jack London, clásicos da literatura universal que abriron camiños para a literatura infantil e xuvenil.

Queremos deixar constancia do excelente traballo da ATG que ofrece un catálogo moi interesante de obras en galego que pode ser consultado libremente para uso particular ou docente.

http://www.tradutoresgalegos.com/bivir.html

Entrega da revista do EDLG

Un ano máis entregamos a revista Palpuriña en formato dixital. Este xoves 18 de xuño enviamos un CD para cada familia do centro cos traballos recollidos para a revista do EDLG. Por segundo ano consecutivo entregámola en formato dixital por tres motivos:

1) Reducimos o consumo de papel (ecoloxía)
2) Aumentamos a capacidade e calidadade de contidos (máis contidos e en cor)
3) Reducimos o custo económico

Por todo isto, poida que sigamos apostando no futuro por unha revista dixital.

Entrega de enquisas para o PLC

Desde o EDLG estivemos a realizar algunhas enquisas sobre o uso do galego nas familias, alumnado e profesorado para revisar o Plan Lingüístico do Centro. Estivemos a preparalas, entregalas e recollémolas esta semana fin de curso.

2 jun 2015

Presentacións de diapositivas sobre bilingüismo e diglosia

Dentro das actividades programadas pola biblioteca desde o EDLG, en colaboración co Departamento de Lingua Galega, realizamos unha presentación de diapositivas sobre situacións de bilingüismo e diglosia en diversas partes do mundo: o español e o guaraní en Paraguay, as linguas en Melilla, etc, están tamén expostas na televisión da biblioteca.