18 jun 2015

Obras dixitais da ATG para o club de lectura

Nesta fin de curso realizamos unha actividade en colaboración co club de lectura. Visitamos a páxina da Asociación de Tradutores Galegos para acceder a algunhas obras que descargamos para os pen (agasallo fin de curso para o Club de lectura).

Entre as obras que incluímos están historias de Jules Verne, R. Kipling ou Jack London, clásicos da literatura universal que abriron camiños para a literatura infantil e xuvenil.

Queremos deixar constancia do excelente traballo da ATG que ofrece un catálogo moi interesante de obras en galego que pode ser consultado libremente para uso particular ou docente.

http://www.tradutoresgalegos.com/bivir.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario