21 may 2014

Enlace aos vídeos da V Festa da Lingua

Publicamos un enlace desde o que podedes ver os vídeos da V Festa da Lingua organizada pola coordinadora comarcal Terras do Umia da que forma parte o noso centro. Podedes velos no seguinte enderezo:




16 may 2014

Libros e carteis de Díaz Castro

O EDLG realizou unha pequena exposición con obras sobre Díaz Castro para publicitar a súa biografía. Ao mesmo tempo expuxemos o seu libro Nimbos para facelo aínda máis coñecido entre a comunidade escolar.
Tamén colocamos, como é habitual, os carteis institucionais sobre a súa figura

Homenaxe a Díaz Castro no CPI Domingo Fontán

Hoxe, 16 de maio de 2014 fixemos unha pequena homenaxe a Díaz Castro, poeta ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano. Aproveitando o bo día, baixamos ao campo de fútbol do Portas que temos ao lado do centro para representar unha pequena biografía con momentos dramatizados da vída do autor; tamén fixemos unha lectura colectiva do poema "Penélope", onde un representante do alumnado de cada grupo leu un verso; finalmente, léronse os texto finalistas no concurso de microrrelatos e micropoemas e entregámoslle un pequeno agasallo aos autores e autoras.

13 may 2014

Exposición sobre Díaz Castro

O EDLG, en colaboración co Equipo da Biblioteca, publicou unha exposición de imaxes e montaxes sobre Xosé María Díaz Castro, poeta ao que se lle dedica este ano as letras galegas.

VI Festa da Lingua organizada pola coordinadora Terras do Umia

A coordinadora comarcal de EDLG Terras do Umia celebrou o pasado venres 9 de maio a VI Festa da Lingua no Auditorio de Portas. Léronse os microtextos, realizouse a final do concurso de cancións "Sondoumia" e deuse o premio "Lingumia" á promoción pública do galego, neste caso no sector da viticultura.