16 may 2019

LIP DUB "Antón Fraguas" do CPI Domingo Fontán

Este vídeo foi realizado coa participación de todo o alumnado do CPI Domingo Fontán do curso 2018-2019. A base está na canción "Sementeira" de Fuxan Os Ventos, adaptando a vida de Fraguas a este ritmo. A voz púxoa Adriana Caldas, alumna de 4º de ESO, facendo a adaptación da letra a profesora Eva Solla e a montaxe e produción do vídeo a profesora Yolanda Moscoso. O EDLG pediulle a colaboración a Bea García, nai dunha alumna do centro, para que realizase a interpretación do tema na lingua de signos.



Vídeopoema "Galicia" de Adriana Caldas e Sara Ferrín

Ola!

Achegámovos o vídeo realizado por Adrian Caldas e Sara Ferrín para o concurso da Casa Museo Manuel María e que resultou finalista xunto con outros dez vídeopoemas de toda Galicia. Proxectámolo tamén na Festa das letras do 16 de maio no acto que realizamos na azucreira.



Microcreación de Educación Infantil "nobelo"


Microcreación de Educación Infantil

Ola!

Deixámovos un enlace ao vídeo realizado polo ciclo de Educación Infantil presentado ao concurso de microcreación da coordinara comarcal de EDLG Terras do Umia. Este vídeo resultou gañador do mesmo, sendo xurado a artista plástica e gráfica Iria Ribadomar.

FESTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Boas!
Hoxe todo o alumnado do CPI Domingo Fontán asistimos á  azucreira para celebrar o día das Letras Galegas, das nosas letras, que este ano se homenaxea ao escritor  Antón Fraguas Fraguas.



Neste acto, o alumnado do Club de Lectura de 6º de educación primaria fixo unha representación teatral sobre a vida de Antón Fraguas.
Ademais, o alumnado finalista do centro na creación dos Microrrelatos e Micropoemas tivo a oportunidade de deleitarnos cos seus poemas e relatos, outorgándolle dende o centro un pequeno agasallo e diploma polo seu    esforzo, súa creatividade e o seu ben facer. Noraboa a todos e a todas! E a aqueles alumnos/as que participastes e non fostes finalistas, animarvos a volver intentalo de cara o ano que vén.

No día de hoxe tamén tivemos algunha sorpresiña, para conmemorar o día das Letras Galegas.  Que aínda non sabes de que estamos a falar? Pois estade atentos mañá ao blog que subiremos a sorpresa que tanto levamos preparando e que tan ben nos quedou. Ata mañá non podemos dicir nada.
Mañá teredes novas.
Un saúdo.



















23 abr 2019

DÍA DO LIBRO

Boas!

Dende o equipo de dinamización da lingua galega do CPI Domingo Fontán de Portas queremos desexarvos a todos e a todas vós un feliz día do libro. O 23 de abril celebrase o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor". Pero sabedes porque se celebra nesta data?

A orixe deste día remóntase a 1.926. O 23 de abril de 1.616 falecían Cervantes, Skakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render un homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis xoves, a descubrir o pracer que ten a lectura e respectar a contribución dos creadores no progreso tanto social como cultural.




Un saúdo e ata outra. 

14 mar 2019

Concurso de Logos

Boas tardes a todos e a todas!
Aquí estamos. Nesta ocasión para contarvos que dende o equipo da dinamización da lingua galega propuxemos un concurso de logos. O logo gañador aparecerá en todos os papeis,  notas informativas … que elabore este equipo. Este concurso estaba dirixido a nenos e as nenas de 5º e 6º de educación primaria e da etapa de educación secundaria. A verdade é que estamos moi contentos/as co nivel de participación do alumnado e, sobre todo, da creatividade e orixinalidade do noso alumnado.
Así da gusto !
Mostrámosvos unha foto con aqueles logos que elaborou o alumnado.
Gracias 




19 feb 2019

Boas e benvidos/as a todos e a todas! 
Tardamos en volver pero, como di o refrán, nunca é tarde! Estamos moi contentos/as de volver estar aquí, convosco, informándovos de todas a novas que imos levando a cabo dende o equipo de dinamización da lingua galega e onde iremos dando a coñecer aquelas actividades que dende o centro se van a levar a cabo.

Desta vez queremos agradecer a toda a comunidade educativa o nivel de participación acadado co noso “calendario solidario”. Foi todo un éxito a recadación conseguida que fará posíbel sufragar moitas necesidades na infancia da nosa contorna grazas a todas as aportacións realizadas de maneira voluntaria. Tan só nos quedan palabras de agradecemento a todos e a todas.


Con esta nova noticia xa nos imos despidindo pero prometemos volver moi pronto, para poñervos ao día de todo. 


Un saúdo .