26 mar 2015

Concurso Tíralle da lingua

Xa están expostas no centro as bases do concurso "Tíralle da lingua"


Todas as persoas do centro que queiran participar no concurso presentando un monólogo dirixiranse a integrantes do EDLG antes do 22 de abril



25 mar 2015

Concurso Sondoumia

Desde fai 3 anos a Coordinadora de EDLG da comarca Terras do Umia ten en marcha un concurso musical para alumnado dos centros da bisbarra. Este curso hai certo interese no alumnado de ESO, especialmente de 3º, para participar neste concurso. Achegamos o cartaz do concurso e as bases que amplian o prazo ata o 17 de abril.

Concurso de microtextos Terras do Umia

Xa está en marcha o concurso de microtextos Terras do Umia. No mes de febreiro repartimos desde o EDLG as bases para este curso e xa fixemos a selección de finalistas por categoría no centro. En breve anunciaremos a esas persoas que representarán ao centro na fase final comarcal.

6 mar 2015

Escritoras galegas no Día da Muller

Desde o EDLG estivemos a traballar co alumnado de ESO para visualizar a mulleres que podemos encadrar  como importantes dentro da literatura galega. As escollidas son escritoras "modernas" e  foron:

Marilar Aleixandre
Carmen Blanco
Chus Pato
Teresa Moure
Elena Gallego Abad
Lupe Gómez
Iolanda Zúñiga
Olga Novo
María Reimóndez
Rosa Aneiros
Inma López Silva
Ledicia Costas

Máis da metade desta ducia de escritoras naceron na década de 1970 polo que a maioría destas mulleres non superan os 40 e xa son nomes consolidados. A nosa literatura ten futuro en feminino