23 abr 2016

dÍA dO LibrO, TAmÉN eN gALEGo

Este venres 22 de abril celebrouse no noso centro o Día do Libro. Xa viñeramos facendo algunhas actividades como a presentación do libro Fontán e nesta xornada realizamos unha actividade que consistiu en anotar por cousas a obra que máis lle gusta a cada persoa en galego.

As máis citadas foron: Tonecho de Rebordechao, Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, tamén apareceron obras que non son de lectura "obrigatoria" na materia de LG; así apareceu A praia dos afogados

21 abr 2016

iNTERCAMBIo e eXCURSIÓn con sAN sADURNIÑo


Durante este curso estivémonos carteando en 3º e 4º de ESO co CPI de San Sadurniño. A finalidade desta actividade estaba pensada para acabar coñecéndonos e interactuando alumnado de dúas realidades dialectais distintas (Portas, do bloque occidental, e San Sadurniño, do bloque central).

Este xoves 21 de abril visitamos o CPI de San Sadurniño e algunhas partes do seu concello. Despois de chegar ao centro achegámonos ao Castelo de Moeche. Case 100 persoas visitamos esta propiedade que foi dos Osorio e que resulta destacada por ser atacada polos Irmandiños no século XV.













Logo fomos xantar ao parque do río. Na sobremesa tivemos un tempo de lecer para coñecernos un pouco mellor.







 Ás 16.00 horas nas que visitamos a Casa da Marquesa que é a actual Casa do Concello despois dunt traballo de rehabilitación que se fixo nos últimos anos.






Finalmente regresamos para a casa despois dun intenso día de intercambio e convivencia co alumnado de San Sadurniño esperando que veñan a Portas. A ver se se animan




12 abr 2016

Presentación do libro Fontán de Marcos Calveiro

Este martes 12 de abril presentouse no auditorio da Azucreira de Portas o libro Fontán, do escritor de orixe vilagarciá Marcos Calveiro. A obra, gañadora do premio Repsol de Narrativa Breve 2015, está publicada pola editorial Galaxia e está a ser presentada por diversos lugares da xeografía galega. Como non podía ser menos, presentámola tamén para os grupos de ensino da comarca Terras do Umia.
A este acto, no que colaborou a coordinadora de EDLG Terras do Umia, asistiu alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas, do IES de Barro e do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A maioría dos máis de 200 escolares que estiveron na presentación pertencían á ESO, agás un grupo de 6º de Primaria e que en breve esperemos que sexan alumnado ESO.
O autor, que naceu en Vilagarcía de Arousa e se interesou por este personaxe que tamén naceu na súa comarca natal, falou con amenidade para o público asistente e comentou a importancia do persoeiro que recreou no libro.
Esta obra recrea parte da vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán, elaborador do primeiro mapa científico de Galicia e considerada unha das mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado pola cartografía inglesa e francesa que as facían como empresas de estado, mentres a medición galega foi feita polo mestre de Portas  durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea de servir como base para a mellora viaria e económica galega.
Nesta obra, ambientada fundamentalmente no século XIX, aparece a comarca do Umia como base para a crianza de Domingo Fontán, ademais das visitas familiares a Porta do Conde que facía cando estudaba en Compostela. Tamén aparecen outros localizacións xeográficas tanto galegas como europeas.
Ao final do acto o alumnado falou co escritor, preguntáronlle pola obra e algúns achegáronse para que lles asinasen un exemplar da obra.