15 may 2016

Participación nos actos da Letras Galegas do Concello

Este domingo 15 de maio participamos nos actos de homenaxe a Manuel María celebrados na auditorio de Portas e organizados pola Concellería de Cultura.
Despois da actuación da obra Barriga Verde participamos integrantes do EDLG e do club de lectura na lembranza do autor lugués.

Comezamos coa actuación do Club de Lectura de Primaria que lembrou a súa vida en tres actos (Infancia, Mocidade e Madurez) e logo o Club de Lectura "As Portadas" en conxunto cos do EDLG de Secundaria realizou un recital con poemas do autor de Outeiro de Rei.

Logo déronse os premios do concurso "Cóntame un conto, veciño" e despediuse o acto coa actuación de "Os Alegres", unha banda de gaiteiros.

Foi todo un pracer participar nos actos das Letras Galegas deste ano.

13 may 2016

Celebración das Letras Galegas 2016 no CPI Domingo Fontán


Este venres 13 de maio realizamos os actos de homenaxe a Manuel María no CPI Domingo Fontán. O autor lugués ten dedicado o ano das Letras Galegas para lembrar todo o seu legado que foi moito e variado (poesía, teatro, narrativa, ensaio,...)


No noso centro agasallamos a súa memoria comezando cun recitado de Educación Infantil. Logo demos paso á actuación do Club de Lectura de Primaria que lembrou a súa vida en tres actos (Infancia, Mocidade e Madurez). Como tiñamos algúns problemas cos micros rematamos a obra un pouco precipitadamente e como andabamos xustos de tempo non fixemos o recital de poemas preparado polo alumnado do club de ESO e do EDLG.

(Pódense ver máis fotos das actuacións no blog do club de lectura: http:// asportadas.blogspot.com)

Finalmente demos os premios aos finalistas no concurso de microtextos que presentamos á VII edición de Terras do Umia. Os premiados e premiadas quedaron moi contentos e contentas cos seus agasallos.
Sección de Microcracións
Categoría A: participou toda Infantil (recollen o premio as persoas encargadas do grupo)

3-4 anos

4-5 anos

5-6 anos



Sección de Micropoemas

B1 (1º e 2º de Primaria)
Sofía

B2 (3º e 4º de Primaria)


 B3 (5º e 6º de Primaria)
Sheila
Ángeles

C (ESO)
Óscar
Celeste

 Microrrelatos

B1 (1º e 2º de Primaria)


 B2 (3º e 4º de Primaria)
Nuria

B3 (5º e 6º de Primaria)
Nayara
Mariña
 C: ESO
Marcos Ruibal
Daniel
 D: Adultos
Ramón Santalla (Moncho)


Finalmente despedímonos e case nos encamiñamos a gozar da ponte das Letras Galegas...

eXPoSiCióN dE LiBRoS dE MaNueL MaRía

Na entrada da biblioteca tivemos unha pequena exposición con obras de Manunel María que temos no centro. Sempre é unha boa ocasión para lembrar a un dos máis fecundos escritores das nosas letras, pero neste caso destaca porque se lle dedica o ano ao escritor de Outeiro de Rei.

12 may 2016

Actuación de Cándido Pazó

Este xoves 12 de maio actuou no noso centro Cándido Pazó. O contacontos de orixe viguesa fixo gala do seu habitual ton irónico ao tempo que nos contou historias que teñen sempre unha mensaxe final de solidariedade ou de lembranza de quen somos e de onde vimos

10 may 2016

Carteis das Letras Galegas

Entramos na Semanas das Letras e xa levan uns días colocados os carteis das Letras Galegas. Estes días xa estivemos a ver grupos de alumnos e alumnas facendo fichas e actividades xunto aos carteis. Nas clases de Lingua Galega comezaron a falar das Letras e tamén a lembrar quen foi Manuel María.

6 may 2016

VII Festa da Lingua comarcal "Terras do Umia"


Este venres 6 de maio de 2016 participamos na VII Festa da Lingua que se celebrou na azucreira de Portas. Case 300 integrantes da comunidade educativa da comarca xuntáronse no noso concello entre as 11 e as 13 horas (do CPI de Portas foron 2º e 5º de Primaria e 2º B de ESO). O acto estivo organizado pola coordinadora comarcal “Terras do Umia” (formada por integrantes dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de Barro, Cuntis, Caldas, Moraña e Portas).



Exposición da microcreación de Educación Infantil de 5 anos

Exposición da microcreación de Educación Infantil de 6 anos

Na Festa entregáronse os premios do concurso de microrrelatos e micropoemas ás gañadoras e gañadores comarcais, que leron os seus textos galardoados durante diferentes fases do acto. O xurado foi unha das autoras máis prometedoras da narrativa galega, Andrea Maceiras, gañadora do prestixioso premio Jules Verne 2015 co libro Europa Express. A xove escritora coruñesa conta, tamén cos galardóns como o premio Meiga Moira, o premio Fervenzas Lieterarias ou o 1º Premio no certame de micronovela do concello de Soutomaior. A autora non puido estar presente para a entrega dos premios pero enviou un vídeo para felicitar aos participantes. Nesta edición houbo preto dun cento de finalistas, se ben a participación se multiplicou na fase previa de selección nos centros na que participaron varios centos de escolares desde infantil ata bacharelato. As premiadas e premiados levaron como agasallos obras literarias en galego.


Sofía Villadeamigo, gañadora da categoría B1 de micropoemas

Alejandra Sánchez, gañadora da categoría B3 de micropoemas

Daniel González, gañador da catería C de microrrelatos

Outro dos actos da festa foi o concurso de canción en galego “Sondoumia” no que houbo 6 actuacións en directo, 3 de primaria e 3 de secundaria. O xurado desta edición foi “Amós” Varela, batería do grupo Nao, que vén de publicar o seu novo traballo Soñar Crear. O grupo estradense é xa unha referencia do rock actual en galego pois xa teñen practicamente unha década ás costas cantando en galego, en concreto o seu primeiro traballo é de 2007, As palabras espidas.  Entre todas as actuacións subiron ao escenario arredor de 40 estudantes comarcais para engaiolar coas súas músicas e letras en galego, que foron desde estilos máis tradicionais ata outros máis rockeiros. O premio para cada unha das bandas que foron elixidas é a gravación dun tema nun estudio profesional.

Gañadoras do concurso Sondoumia de Primaria actuando co xurado

Actuación de Secundaria durante o concurso de Sondoumia

Gañadores de Secundaria actuando ao final coa colaboración do xurado



Antes de finalizar o acto tamén se fixo entrega do diploma “Lingumia” que acredita a unha entidade pública ou privada como usuaria activa do galego. Este ano, a coordinadora “Terras do Umia” decidiu outorgalo ao ámbito xurídico e o gañador foi o Xulgado de instrución número 1 de Caldas de Reis; acudiu ao acto de recepción do diploma a titular do xulgado Encarnación Dasi Dorelle e a secretaria xudicial como parte do equipo que participa activamente na promoción do noso idioma nun ámbito no que precisa máis pulo aínda o galego.


A coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega valora moi positivamente o acto, agradecendo unha vez máis a alta participación nos concursos e o interese mostrado polo alumnado para a asistencia a unha actividade que se consolida ano tras ano.