
Este luns 18 de maio visitou o noso centro o escritor e poeta Carlos Negro para falar fundamentalmente do libro
Makinaria. O alumnado de 3º e 4º de ESO compartiu as dúas sesións da tarde co escritor de orixe lalinense e escoitou da voz do poeta a maioría dos poemas e falouse do proceso de creación: para que serve a poesía, que é, que permite expresar e que nos transmite.
Sobre esta obra o alumnado de 4º fixera un traballo de vídeo-creación e comentario e ao final vimos algunhas destas montaxes de recitado.
Finalmente Carlos Negro asinou algúns exemplares de
Makinaria e outras obras súas existentes no centro como
Far West, Penúltimas tendencias e
Abelcebú.
Foi unha interesante visita que nos permite achegarnos máis á poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario