Xa está en marcha a IX edición dos concursos da coordinadora comarcal Terras do Umia. Colocamos os cartaces polo centro e xa pasamos as bases desta edición ás diferentes titorías e/ou departamentos implicados neste certame comarcal.
Como vén sendo tradicional contaremos co concurso de microrrelatos e micropoemas para primaria e secundaria. A palabra escollida para este ano é "eiva", que terá que aparecer nos microtextos unha vez polo menos. Os microrrelatos non poderán exceder de 100 palabras e os micropoemas terán entre 2 e 8 versos. En infantil terán a sección de microcreación, na que se poderá facer un texto que mesture debuxo e imaxe.
Mantense o concurso Sondoumia, no que cada centro poderá presentar dous grupos por cada etapa educativa. Este ano teremos tamén maior presenza da oralidade coa primeira edición do concurso de contacontos e monólogos, que non poderán exceder 3 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario