A escritora viguesa Ledicia Costas estivo este martes 15 de marzo no noso centro.
A autora falou para o alumnado de ESO en dúas quendas. Unha primeira para 1º e 2º de ESO e unha segunda para 3º e 4º de ESO.

A narradora olívica realizou primeiro unha pequena charla co alumnado de 1º e 2º de ESO (aproximadamente das 12.30 ás 13.10) para falar das obras Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento. O diálogo coa escritora foi fluído e os escolares preguntáronlle sobre os seus finais tráxicos, en que se inspira para escribir, que hai de verdade nos seus libros, que modelos da realidade seguiu ou por que trata certos temas.
A galardoada co premio nacional continuou cunha charla para 3º e 4º de ESO (13.10 a 13.50 aproximadamente) para falar dos libros que leron, respectivamente, neses cursos: Unha estrela no vento e O corazón de Xúpiter.. Ledicia amosounos unha proxección dunha moza canadense acosada para explicar por que os seus finais son tráxicos moitas veces, xa que pretende advertir que a realidade é dura e perigosa moitas veces. Deseguido estableceuse un diálogo con preguntas que resultou moi entretido.



No hay comentarios:
Publicar un comentario