
Estas son os detalles para este curso:
"Sondoumia"
IV
Festival da Canción de Terras do Umia
A
coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega
convoca o IV
concurso de cancións en galego “Sondoumia” (curso 2014-2015).
Poderán participar todos os centros educativos que integren a
Coordinadora Comarcal “Terras do Umia”
dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Bases:
-
Poderase participar como solista ou como grupo.
-
Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
-
As cancións teñen que estar en galego.
-
Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
-Poderán participar integrantes de distintos
centros nun mesmo grupo.
-Poderán participar integrantes de diferentes
etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola
categoría b)
-Presentaranse
as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual
(compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)
Categorías:
a)
Infantil e Primaria
b)
ESO e Bacharelato
Prazo
e fases de presentación
Fase
previa
-Entregaranse as gravacións a integrantes do
Equipo de Dinamización de cada centro. Cada centro seleccionará
un máximo de dúas gravacións por categoría
-O
prazo de presentación comarcal
remata o venres 15
de abril
de 2015.
Fase
final
-As
e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da
Lingua” e alí coñeceranse as/ os premiadas/-os
Xurado
Un
xurado nomeado pola coordinadora Terras do Umia designará as persoas
que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a
orixinalidade das composicións
No hay comentarios:
Publicar un comentario