Como cada curso nos últimos anos publicamos as bases para o concurso de microtextos. Esta edición ten unha novidade xa que en Infantil hai unha única modalidade e é nova: microcreación, na que se combina imaxe e debuxo coa palabra ou texto coa palabra do concurso. Nos demais cursos seguimos a ter as seccións de micropoemas e microrrelatos.
As bases son as seguintes:
VIII
Concurso de microtextos “Terras do Umia”
A
coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega
convoca o VIII concurso de microtextos (curso 2015-2016). Poderán
participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora
“Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis,
Cuntis, Moraña e Portas :
Bases
do concurso:
-Sección
de Microcreación (só para Educación Infantil): Presentarase
unha creación que poida combinar imaxe (debuxo) e palabra ou
texto en galego. Poderase crear unha historia para toda a clase
ou pezas soltas (liberdade de enfoque) en formato A4.
-Sección
de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego
e non conter máis de 100 palabras.
-Sección
de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de
dous versos e un máximo de catro.
-Cada
persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
-
A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a
palabra "devagar".
-
Os traballos deberán achegarse ao enderezo electrónico
edlgportas@yahoo.com ou
entregalo a integrantes do EDLG do centro. No texto presentado debe
constar o nome e apelidos do/a participante, o curso, o centro, así
como a categoría á que pertence.
-
O prazo límite para enviar os textos será o 22 de
febreiro de 2016
-Cada
centro escollerá dous finalistas por categoría e presentará os
textos “corrixidos”, ordenados por categorías, con letra Arial,
tamaño 12, interliñado 1.5, poñendo ao final de cada texto o
nome da persoa participante, curso e centro
-
Categorías:
A:
Infantil (microcreación)
B.
1: 1º ciclo de primaria.
B.
2: 2º ciclo de primaria.
B.
3: 3º ciclo de primaria
C:
Secundaria
D:
Bacharelato.
E:
Profesorado, persoal non docente e
familias.
-
Premios:
Cada centro outorgará os premios que considere oportunos aos seus
finalistas. Un xurado designado pola coordinadora dos Equipos de
Dinamización da Lingua Galega dos distintos centros concederá un
premio comarcal por categoría (en
E. Infantil "Diploma" participativo a cada grupo).
Valorarase a orixinalidade e
creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.