25 ene 2016

cARTEO eNTRE pORTAS e sAN sADURNIÑO

Esta semana comezou o carteo de Portas con San Sadurniño. Comezamos nós escribindo á volta das vacacións e agardamos que en breve nos respondan. Nunha época na que usamos a linguaxe escrita acotío nas mensaxes electrónicas persoais (móbil, tablets, computadores), facemos un salto no tempo e vemos como se ralentizaban os escritos persoais no correo tradicional (cando chegan as cartas?, canto tardan?, tanto?...). Acostumados á inmediatez da actual tecnoloxía reflexionamos sobre a comunicación a distancia por outros medios.

O CPI de San Sadurniño está na comarca de Ferrol-Terra e é moi parecido ao noso, polo menos en canto ao alumnado. Cartearémonos con unhas 30 persoas de 3º de ESO  e 27 de 4º de ESO, números moi similares nos dous centros (nós somos 27 neses dous cursos). É unha boa ocasión para coñecer xente doutra realidade dialectal diferente (bloque central do galego mentres que Portas pertence ao bloque occidental).


Se todo vai ben contamos acabar esta actividade nunha visita aos concellos correspondentes: que elas e eles nos visiten ao noso centro e contorna e que nós igualmente vaiamos alá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario