28 oct 2015

Conclusións do PLC: Estanse a perder falantes de galego en Portas

Este curso realizamos a revisión do Plan Lingüístico do Centro a partir das enquisas cuxo borrador elaborou este equipo a final do curso pasado. Desas enquisas sácase como principal conclusión que se están a perder falantes en Portas, polo menos se o comparamos co anterior PLC.

A comisión lingüística integrada polas xefaturas de departamento lingüísticas do centro e do EDLG corraboraron que dos datos dos inquéritos se desprendía maioritariamente que se perdían falantes no alumnado, sendo especialmente preocupante a situación en Primaria.

Canto ao alumnado, cómpre destacar que en 2010 utilizaban de xeito cotián en todos os ámbitos a lingua galega un 69% do alumnado, por riba dun 31 % que utilizaba máis o castelán, sobre todo na forma escrita.
Aquí prodúcese o primeiro cambio importante. Observemos algún aspectos da nova enquisa: actualmente ten o galego como lingua exclusiva ao referirse aos pais o 39.05 %, mentres un 10.72% utilizan máis galego; pola contra, empregan só castelán o 45.92% e usa máis castelán un 4.29%. A continuación poñemos uns cadros resumo do uso no alumnado.
USO ORAL DO ALUMNADO EN PORTAS (2015)
Uso oral cos pais en PRIMARIA

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
1º e 2º
18,1%
77,2 %
3,63%
----
3º e 4º
32,7%
52,7%
3,63%
10,9%
5º e 6º
32,1%
46,4%
7,14%
14,28%

Destaca como se está a perder o galego nas idades máis temperás. En primeiro e segundo de primaria aproxímase ao 80% o alumnado castelanfalante cos pais.
Uso oral cos pais:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
31,96%
60,65%
6,55%
9,01%
ESO
54,45%
32,67%
1,98%
13,86%
CENTRO
39,05%
45,92%
4,29%
10,72%

Uso oral cos avós:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
37,87%
48,48%
9,09%
6,81%
ESO
60,39%
26,73%
2,97%
8,91%
CENTRO
47,63%
39,05%
6,43%
7,72%

Uso oral coas amizades:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
19,1%
64,9%
9,1%
6,9%
ESO
43%
38%
7%
12%
CENTRO
29,18%
52,78%
6,86%
10,30%

Observando estes datos podemos extraer as seguintes conclusións sobre o uso oral do alumnado:
1)    O galego presenta un debilitamento a nivel oral; xa non é a lingua máis falada cos pais no centro (39,05+4,29=43,34%). Con todo, aínda se mantén na ESO (54,45%+1,98%=56,43%), se ben por debaixo de índices anteriores.
2)    En Educación Primaria obsérvase esa tendencia a seguir perdendo usuarios da nosa lingua. Nos “antigos ciclos” de primaria podemos observar iso; mentres no segundo e terceiro ciclos se mantén no 32% o uso do galego cos pais e nais, no primeiro ciclo baixa ao 18%
3)    Aumenta o uso oral da lingua cos avós (e tamén cos veciños). Esta tendencia dáse en todas as etapas educativas, feito que constata certos prexuízos tradicionais sobre o noso idioma
4)    O uso do galego baixa coas amizades (e tamén cos compañeiros e compañeiras da clase). Nesta mesma liña, o galego baixa no ensino (profesorado, compañeiros e compañeiras da clase) pero tamén noutros ámbitos que se consideran “formais” (médico) e mesmo nas relacións sociais habituais (rúa, tendas, etc)
En definitiva, atopámonos ante un grave deterioro da lingua galega no contexto educativo de Portas en relación co alumnado. A diglosia está amplamente instaurada no centro e a desgaleguización oral é un feito. Úsase menos galego que hai catro anos, pero ademais só sobe cos avós e veciños (persoas maiores e concello rural) mentres baixa nos encontros formais (médico, escola, rúa, tendas). En Portas, un concello tradicionalmente galegofalante estase a perder a transmisión do idioma e a concepción de lingua B espállase (úsase en contextos informais cos maiores e non en contextos formais nin coa xente nova), sendo preocupante a situación nos primeiros cursos de primaria onde o 80% xa usa o castelán, especialmente cos pais.

USO ESCRITO DO ALUMNADO EN PORTAS
Uso escrito cos pais:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
30,30%
59,10%
5,30%
2,30%
ESO
51%
35,64%
%
%
CENTRO
39,05%
48,92%
%
%


Uso escrito coas amizades:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
21%
62,12%
%
%
ESO
38,6%
38,6%
6,95%
14,85%
CENTRO
28,75%
51,93%
%
%

Uso escrito en producións propias:
primaria (132 enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)

A (galego)
B (castelán)
C (+ galego)
D (+ castelán)
PRIMARIA
24,24%
65,9%
%
%
ESO
41,58%
44,55%
%
%
CENTRO
31,75%
56,65%
%
%

As conclusións respecto ao uso do galego na escrita son as seguintes:
1)    Dáse un maior uso do castelán que do galego en todos os ámbitos e en todas as etapas na escrita.
2)    Aumenta o uso do castelán nas relacións coas amizades, feito que incide na diglosia que xa observamos na expresión oral, usando o castelán nas relacións informais coa xente máis nova.
3)    Hai maior uso do castelán, e mesmo aumenta en relación ao uso que se ten cos pais, na escrita propia.
4)    Dáse un maior uso escrito tamén do castelán en primaria que na ESO; aínda que definir as causas é complexo, pódese apuntar que non se están conseguindo os obxectivos de equiparar a competencia dos idiomas xa que diminúe a porcentaxe de uso escrito respecto ao oral
Aínda que non se valora a competencia, o feito é que o ensino non está a conseguir esa tan desexado e utópico bilingüismo “harmónico” dado que non é que se perdan falantes senón que xa hai moitos menos en galego. Tanto a nivel oral como escrito a lingua galega pérdese en Portas, aumentan os castelanfalantes monolingües e a lingua do centro xa non é o galego no alumnado.

Por todo isto, algúns dos obxectivos do PLC deben ir encamiñados a fornecer unha nova conciencia no alumnado pero tamén na comunidade educativa sobre a importancia de manexar un código lingüístico a maiores no alumnado castelanfalante (dado que só hai transvase ao castelán, non ao galego). Afondar na idea de que cantas máis linguas se saiban mellor se aprenderán outros idiomas e máis cultos seremos ao tempo que se axudará a espaventar vellos prexuízos sobre a nosa lingua e sobre o mellor patrimonio inmaterial que temos como parte da cultura dun pobo milenario. Perder ese ben é perder parte de nós mesmos e nós mesmas, polo que os obxectivos lingüísticos no centro deben encamiñarse a potenciar o uso oral do idioma en máis contextos, afianzalo máis na escrita para poñelo á par do castelán e desmontar prexuízos tradicionais asentados na sociedade e que polo tanto chegan ao alumnado.

Nas familias do alumnado a  utilización de forma oral chegaba a porcentaxes próximas ao 90% da poboación, mentres que a utilización escrita da lingua galega descendía ao 70 %. Isto podía deberse en gran medida á utilización do castelán que se tivera na etapa escolar, especialmente nos avós e pais máis maiores. A análise reflectía ademais que nalgús sectores de poboación pasábase ao castelán nos momentos de acudir a organismos oficiais ou centros de saúde, por exemplo.
No ano 2015 a análise das enquisas das familias revela que o uso do galego está a perderse. A continuación imos colocar o cadro no que se observan as porcentaxes de uso da fala coa parella (partimos de 216 enquisas totais para o centro; imos detallar neste cadro tamén o uso por sexos, 47 de homes, 169 de mulleres). Nos resultados porcentuais xuntamos as respostas de galego e máis galego por unha banda e en castelán xuntamos tamén as de máis castelán.

HOMES
MULLERES
TOTAL

Enqu.
Gal.
Cast.
Enqu.
Gal.
Cast.
Enqu.
Gal.
Cast.
infantil
7
42,85%
57,15%
33
69,7%
30,3%
40
65%
35%
Prim.
25
80%
20%
80
60%
40%
105
64,76%
35,24%
ESO
15
73,3%
26,7%
56
62,5%
37,5%
71
64,79%
35,21%
centro
47
72,34%
27,66%
169
62,72%
37,28%
216
64,81%
35,19%

As conclusións que podemos sacar destes resultados son as seguintes:
1)    A lingua maioritaria que se fala nas familias coa parella é o galego (case un 65%) mais apréciase un descenso sobre o uso respecto a hai un lustro, detectándose unha caída no uso do galego que pode supoñer un 25%
2)    Os homes diríxense máis á súa parella en galego (72%) que as mulleres (case un 63%). Con todo, destaca que o galego aínda é a lingua maioritaria nos dous sexos cando se dirixen á parella
3)    Na etapa de Educación Infantil destaca que os homes usan maioritariamente o castelán (un 57%), se ben a mostra é pequena porque só 7 persoas de sexo masculino cubriron a enquisa nesa etapa. O curioso é que só nese caso o castelán supera ao galego no uso coa parella
A seguinte pregunta referíase ao uso do galego cos fillos e fillas. Os resultados globais do centro foron os seguintes:
Uso de pais/nais cos fill@s
Galego/máis galego
Castelán/máis castelán
Infantil
50%
50%
Primaria
52,88%
47,12%
ESO
58,33%
41,67%
TOTAL CENTRO
54,17%
45,83%

Se comparamos estes datos cos do uso coa parella observamos que descende o uso do galego un 10%, é dicir, constátese o descenso no uso do galego na transmisión de pais a fillos no centro. Por idades obsérvase perfectamente como canto máis pequeno son os fillos ou fillas máis castelán lles falan, feito que constata a perda do uso do galego no centro.
A observación de outros datos da lingua oral constatan outros aspectos que afondan na diglosia. Así, mentres o 65% fala en galego coa parella, baixa case un 10% se se dirixe ao médico de cabeceira ou ás/aos dependentes de tendas; pola contra, cando se fala con veciños ou veciñas sobe o uso ao 75%, feito que constata que no contorno social deste concello rural aínda é o galego a lingua predominante.
Na lingua escrita a situación non cambia demasiado. Así, nas producións feitas para un mesmo (notas, apuntamentos, etc) úsase o galego ou máis galego case no 60% dos casos; no caso do castelán emprégase no 40%. O uso escrito do galego polas mesmas persoas cae ata o 45 % e o castelán sobe ata o 55%, é dicir, o galego cae máis dun 15% cando se usa por escrito no traballo, feito que afonda máis na diglosia, ao considerarse o idioma do poder económico e empresarial.
No uso escrito o galego sae como lingua máis empregada cando se dirixen ao concello e outros organismos oficiais, aproximadamente un 60%; neste sentido pode ter que ver o traballo de normalización lingüística a nivel escrito dos últimos anos que permite que nos concellos, centros educativos e sanitarios aparezan formularios (instancias, fichas de inscrición, etc,) cos datos básicos en galego, feito que pode animar a usar o galego, especialmente por aquelas persoas que o falan ou escriben dado que os datos case coinciden.
En definitiva, observamos unha interrelación entre as familias e o alumnado xa que os pais e nais están a falarlle máis castelán aos fillos e fillas do que falan entre eles e por outra banda obsérvase a pervivencia da tristemente famosa diglosia galega onde os galegofalantes cambian para castelán nos ámbitos “formais” (médico de cabeceira, comercios, empresas). Positivamente obsérvase unha estabilidade no uso escrito con instancias oficiais (concello, escola) no que pode incidir a normalización formal escrita que tivo o noso idioma nas últimas décadas.
Sería desexable, por todo isto, que as actividades de normalización e dinamización da lingua galega afonden tamén na consolidación dun uso oral e escrito coas familias en galego, incluídas as actividades e festivais que se fagan publicamente. Outras accións poderían ir cara a concienciación do uso cos fillos e fillas en quen non o estea facendo e sobre todo asentalo nos pais galegofalantes que se pasan ao castelán (incidir no beneficio que supón para a aprendizaxe coñecer máis idiomas, o empobrecemento que supón usar só un código cando se poden manexar dous, destacar que os galegofalantes son bilingües xa que tamén usan galego mentres que os castelánfalantes monolingües non gozan das asociacións que se poden facer ao coñecer máis códigos)


No hay comentarios:

Publicar un comentario