Estes son os libros de Secundaria deste ano
29 oct 2015
Exposición de libros de medo
Estes son os libros de Secundaria deste ano
28 oct 2015
Conclusións do PLC: Estanse a perder falantes de galego en Portas
Este curso realizamos a revisión do Plan Lingüístico do Centro a partir das enquisas cuxo borrador elaborou este equipo a final do curso pasado. Desas enquisas sácase como principal conclusión que se están a perder falantes en Portas, polo menos se o comparamos co anterior PLC.
A comisión lingüística integrada polas xefaturas de departamento lingüísticas do centro e do EDLG corraboraron que dos datos dos inquéritos se desprendía maioritariamente que se perdían falantes no alumnado, sendo especialmente preocupante a situación en Primaria.
A comisión lingüística integrada polas xefaturas de departamento lingüísticas do centro e do EDLG corraboraron que dos datos dos inquéritos se desprendía maioritariamente que se perdían falantes no alumnado, sendo especialmente preocupante a situación en Primaria.
Canto ao alumnado, cómpre destacar que en 2010 utilizaban de xeito cotián en todos os ámbitos a lingua
galega un 69% do alumnado, por riba dun 31 % que utilizaba máis o castelán, sobre
todo na forma escrita.
Aquí prodúcese o primeiro cambio importante. Observemos
algún aspectos da nova enquisa: actualmente ten o galego como lingua exclusiva
ao referirse aos pais o 39.05 %, mentres un 10.72% utilizan máis galego; pola
contra, empregan só castelán o 45.92% e usa máis castelán un 4.29%. A
continuación poñemos uns cadros resumo do uso no alumnado.
USO ORAL DO ALUMNADO EN PORTAS (2015)
Uso oral cos pais en
PRIMARIA
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
1º e 2º
|
18,1%
|
77,2 %
|
3,63%
|
----
|
3º e 4º
|
32,7%
|
52,7%
|
3,63%
|
10,9%
|
5º e 6º
|
32,1%
|
46,4%
|
7,14%
|
14,28%
|
Destaca como se está a perder o galego nas idades máis temperás.
En primeiro e segundo de primaria aproxímase ao 80% o alumnado castelanfalante
cos pais.
Uso oral cos pais:
primaria (132
enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
31,96%
|
60,65%
|
6,55%
|
9,01%
|
ESO
|
54,45%
|
32,67%
|
1,98%
|
13,86%
|
CENTRO
|
39,05%
|
45,92%
|
4,29%
|
10,72%
|
Uso oral cos avós:
primaria (132
enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
37,87%
|
48,48%
|
9,09%
|
6,81%
|
ESO
|
60,39%
|
26,73%
|
2,97%
|
8,91%
|
CENTRO
|
47,63%
|
39,05%
|
6,43%
|
7,72%
|
Uso oral coas
amizades:
primaria (132
enquisas), ESO (101 enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
19,1%
|
64,9%
|
9,1%
|
6,9%
|
ESO
|
43%
|
38%
|
7%
|
12%
|
CENTRO
|
29,18%
|
52,78%
|
6,86%
|
10,30%
|
Observando estes datos podemos extraer as seguintes
conclusións sobre o uso oral do alumnado:
1) O galego presenta un debilitamento a nivel oral; xa non é
a lingua máis falada cos pais no centro (39,05+4,29=43,34%). Con todo, aínda se
mantén na ESO (54,45%+1,98%=56,43%), se ben por debaixo de índices anteriores.
2) En Educación Primaria obsérvase esa tendencia a seguir
perdendo usuarios da nosa lingua. Nos “antigos ciclos” de primaria podemos
observar iso; mentres no segundo e terceiro ciclos se mantén no 32% o uso do
galego cos pais e nais, no primeiro ciclo baixa ao 18%
3) Aumenta o uso oral da lingua cos avós (e tamén cos
veciños). Esta tendencia dáse en todas as etapas educativas, feito que constata
certos prexuízos tradicionais sobre o noso idioma
4) O uso do galego baixa coas amizades (e tamén cos
compañeiros e compañeiras da clase). Nesta mesma liña, o galego baixa no ensino
(profesorado, compañeiros e compañeiras da clase) pero tamén noutros ámbitos
que se consideran “formais” (médico) e mesmo nas relacións sociais habituais
(rúa, tendas, etc)
En definitiva, atopámonos ante un grave deterioro da
lingua galega no contexto educativo de Portas en relación co alumnado. A
diglosia está amplamente instaurada no centro e a desgaleguización oral é un
feito. Úsase menos galego que hai catro anos, pero ademais só sobe cos avós e
veciños (persoas maiores e concello rural) mentres baixa nos encontros formais
(médico, escola, rúa, tendas). En Portas, un concello tradicionalmente
galegofalante estase a perder a transmisión do idioma e a concepción de lingua
B espállase (úsase en contextos informais cos maiores e non en contextos
formais nin coa xente nova), sendo preocupante a situación nos primeiros cursos
de primaria onde o 80% xa usa o castelán, especialmente cos pais.
USO ESCRITO DO ALUMNADO EN PORTAS
Uso escrito cos pais:
primaria (132 enquisas), ESO (101
enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
30,30%
|
59,10%
|
5,30%
|
2,30%
|
ESO
|
51%
|
35,64%
|
%
|
%
|
CENTRO
|
39,05%
|
48,92%
|
%
|
%
|
Uso escrito coas amizades:
primaria (132 enquisas), ESO (101
enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
21%
|
62,12%
|
%
|
%
|
ESO
|
38,6%
|
38,6%
|
6,95%
|
14,85%
|
CENTRO
|
28,75%
|
51,93%
|
%
|
%
|
Uso escrito en producións propias:
primaria (132 enquisas), ESO (101
enquisas), centro (233 enquisas)
|
||||
|
A (galego)
|
B (castelán)
|
C (+ galego)
|
D (+ castelán)
|
PRIMARIA
|
24,24%
|
65,9%
|
%
|
%
|
ESO
|
41,58%
|
44,55%
|
%
|
%
|
CENTRO
|
31,75%
|
56,65%
|
%
|
%
|
As conclusións respecto ao uso do galego na escrita son
as seguintes:
1) Dáse un maior uso do castelán que do galego en todos os
ámbitos e en todas as etapas na escrita.
2) Aumenta o uso do castelán nas relacións coas amizades,
feito que incide na diglosia que xa observamos na expresión oral, usando o
castelán nas relacións informais coa xente máis nova.
3) Hai maior uso do castelán, e mesmo aumenta en relación ao
uso que se ten cos pais, na escrita propia.
4) Dáse un maior uso escrito tamén do castelán en primaria
que na ESO; aínda que definir as causas é complexo, pódese apuntar que non se
están conseguindo os obxectivos de equiparar a competencia dos idiomas xa que diminúe
a porcentaxe de uso escrito respecto ao oral
Aínda que non se valora a competencia, o feito é que o
ensino non está a conseguir esa tan desexado e utópico bilingüismo “harmónico”
dado que non é que se perdan falantes senón que xa hai moitos menos en galego.
Tanto a nivel oral como escrito a lingua galega pérdese en Portas, aumentan os
castelanfalantes monolingües e a lingua do centro xa non é o galego no
alumnado.
Por todo isto, algúns dos obxectivos do PLC deben ir
encamiñados a fornecer unha nova conciencia no alumnado pero tamén na
comunidade educativa sobre a importancia de manexar un código lingüístico a
maiores no alumnado castelanfalante (dado que só hai transvase ao castelán, non
ao galego). Afondar na idea de que cantas máis linguas se saiban mellor se
aprenderán outros idiomas e máis cultos seremos ao tempo que se axudará a
espaventar vellos prexuízos sobre a nosa lingua e sobre o mellor patrimonio
inmaterial que temos como parte da cultura dun pobo milenario. Perder ese ben é
perder parte de nós mesmos e nós mesmas, polo que os obxectivos lingüísticos no
centro deben encamiñarse a potenciar o uso oral do idioma en máis contextos,
afianzalo máis na escrita para poñelo á par do castelán e desmontar prexuízos
tradicionais asentados na sociedade e que polo tanto chegan ao alumnado.
Nas
familias do alumnado a utilización de forma oral chegaba a
porcentaxes próximas ao 90% da poboación, mentres que a utilización escrita da
lingua galega descendía ao 70 %. Isto podía deberse en gran medida á
utilización do castelán que se tivera na etapa escolar, especialmente nos avós
e pais máis maiores. A análise reflectía ademais que nalgús sectores de
poboación pasábase ao castelán nos momentos de acudir a organismos oficiais ou
centros de saúde, por exemplo.
No ano 2015 a análise das enquisas das familias revela
que o uso do galego está a perderse. A continuación imos colocar o cadro no que
se observan as porcentaxes de uso da fala coa parella (partimos de 216 enquisas
totais para o centro; imos detallar neste cadro tamén o uso por sexos, 47 de
homes, 169 de mulleres). Nos resultados porcentuais xuntamos as respostas de
galego e máis galego por unha banda e en castelán xuntamos tamén as de máis
castelán.
|
HOMES
|
MULLERES
|
TOTAL
|
||||||
|
Enqu.
|
Gal.
|
Cast.
|
Enqu.
|
Gal.
|
Cast.
|
Enqu.
|
Gal.
|
Cast.
|
infantil
|
7
|
42,85%
|
57,15%
|
33
|
69,7%
|
30,3%
|
40
|
65%
|
35%
|
Prim.
|
25
|
80%
|
20%
|
80
|
60%
|
40%
|
105
|
64,76%
|
35,24%
|
ESO
|
15
|
73,3%
|
26,7%
|
56
|
62,5%
|
37,5%
|
71
|
64,79%
|
35,21%
|
centro
|
47
|
72,34%
|
27,66%
|
169
|
62,72%
|
37,28%
|
216
|
64,81%
|
35,19%
|
As conclusións que podemos sacar destes resultados son as
seguintes:
1) A lingua maioritaria que se fala nas familias coa parella
é o galego (case un 65%) mais apréciase un descenso sobre o uso respecto a hai
un lustro, detectándose unha caída no uso do galego que pode supoñer un 25%
2) Os homes diríxense máis á súa parella en galego (72%) que
as mulleres (case un 63%). Con todo, destaca que o galego aínda é a lingua
maioritaria nos dous sexos cando se dirixen á parella
3) Na etapa de Educación Infantil destaca que os homes usan
maioritariamente o castelán (un 57%), se ben a mostra é pequena porque só 7 persoas
de sexo masculino cubriron a enquisa nesa etapa. O curioso é que só nese caso o
castelán supera ao galego no uso coa parella
A seguinte pregunta referíase ao uso do galego cos fillos
e fillas. Os resultados globais do centro foron os seguintes:
Uso de pais/nais cos
fill@s
|
Galego/máis galego
|
Castelán/máis castelán
|
Infantil
|
50%
|
50%
|
Primaria
|
52,88%
|
47,12%
|
ESO
|
58,33%
|
41,67%
|
TOTAL CENTRO
|
54,17%
|
45,83%
|
Se comparamos estes datos cos do uso coa parella
observamos que descende o uso do galego un 10%, é dicir, constátese o descenso
no uso do galego na transmisión de pais a fillos no centro. Por idades
obsérvase perfectamente como canto máis pequeno son os fillos ou fillas máis
castelán lles falan, feito que constata a perda do uso do galego no centro.
A observación de outros datos da lingua oral constatan
outros aspectos que afondan na diglosia. Así, mentres o 65% fala en galego coa
parella, baixa case un 10% se se dirixe ao médico de cabeceira ou ás/aos
dependentes de tendas; pola contra, cando se fala con veciños ou veciñas sobe o
uso ao 75%, feito que constata que no contorno social deste concello rural
aínda é o galego a lingua predominante.
Na lingua escrita a situación non cambia demasiado. Así,
nas producións feitas para un mesmo (notas, apuntamentos, etc) úsase o galego
ou máis galego case no 60% dos casos; no caso do castelán emprégase no 40%. O
uso escrito do galego polas mesmas persoas cae ata o 45 % e o castelán sobe ata
o 55%, é dicir, o galego cae máis dun 15% cando se usa por escrito no traballo,
feito que afonda máis na diglosia, ao considerarse o idioma do poder económico
e empresarial.
No uso escrito o galego sae como lingua máis empregada
cando se dirixen ao concello e outros organismos oficiais, aproximadamente un
60%; neste sentido pode ter que ver o traballo de normalización lingüística a
nivel escrito dos últimos anos que permite que nos concellos, centros
educativos e sanitarios aparezan formularios (instancias, fichas de inscrición,
etc,) cos datos básicos en galego, feito que pode animar a usar o galego,
especialmente por aquelas persoas que o falan ou escriben dado que os datos
case coinciden.
En definitiva, observamos unha interrelación entre as
familias e o alumnado xa que os pais e nais están a falarlle máis castelán aos
fillos e fillas do que falan entre eles e por outra banda obsérvase a
pervivencia da tristemente famosa diglosia galega onde os galegofalantes
cambian para castelán nos ámbitos “formais” (médico de cabeceira, comercios,
empresas). Positivamente obsérvase unha estabilidade no uso escrito con
instancias oficiais (concello, escola) no que pode incidir a normalización
formal escrita que tivo o noso idioma nas últimas décadas.
Sería desexable, por todo isto, que as actividades de
normalización e dinamización da lingua galega afonden tamén na consolidación
dun uso oral e escrito coas familias en galego, incluídas as actividades e
festivais que se fagan publicamente. Outras accións poderían ir cara a
concienciación do uso cos fillos e fillas en quen non o estea facendo e sobre
todo asentalo nos pais galegofalantes que se pasan ao castelán (incidir no
beneficio que supón para a aprendizaxe coñecer máis idiomas, o empobrecemento
que supón usar só un código cando se poden manexar dous, destacar que os
galegofalantes son bilingües xa que tamén usan galego mentres que os
castelánfalantes monolingües non gozan das asociacións que se poden facer ao
coñecer máis códigos)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)