A recepción foi en Barosa, ás 10.15 horas aproximadamentesonde fixemos un pequeno xogo de presentación e logo unha pequena ruta por xunto os muíños desta zona do Concello de Barro.
Posteriormente desprazámonos á antiga azucreira de Portas, hoxe reconvertida en Auditorio e casa para diversas actividades. Alí subimos os 80 metros de altura da cheminea da vella fábrica para gozar das vistas desde esa posición.A xente máis atrevida subiu e baixou polas escaleiras, outra fíxoo só polo elevador, e algunha probou as dúas experiencias.

Logo, sobre a unha, fomos ata a praia fluvial onde participamos nalgúns xogos populares con guerras de sexos: mozas contra mozos. Ata algunhas profesoras probaron sorte.
Despois disto veu o xantar no comedor do CPI Domingo Fontán, onde nos deleitamos coa marabillosa comida das extraordinarias cociñeiras de Portas.
Pola tarde desprazámonos ata o veciño concello de Caldas de Reis onde partimos da carballeira para facer un percorrido por xunto ao río Ulla, o Bermaña, a rúa Real, as fontes termais......e despedida... sobre as 18.30 da tarde.


No hay comentarios:
Publicar un comentario