23 nov 2017

Viaxe á historia medieval no Museo do Mar de Vigo: o pergamiño Vindel

Este mércores 22 de novembro viaxamos ata Vigo para encontrarnos coa nosa historia. Visitamos o Museo do Mar de Vigo para ver un documento orixinal valiosísimo. Pero fixemos outras cousas.

Arredor das 10.30 visitamos a estatua de Jules Verne no paseo marítimo. Ademais da foto de rigor, lembramos por que está alí a escultura dedicada ao francés: a súa inclusión da ría na viaxe do Nautilus na procura do tesouro de Rande.












Ás 12.00 horas entramos no Museo do Mar. Divididos en dúas quendas realizamos dúas actividades: un obradoiro de escrita medieval, conciencíandonos dos materiais cos que contabamos na época para escribir e do caro que era, só asequible para uns poucos privilexiados.










Na outra parte da visita baixamos a ver a exposición de coleccións medievais (obxectos persoais como peites, gravados, etc) e a gran xoia, por fin, o Pergamiño Vindel, que con máis de 700 anos ás costas moito leva vivido.




Máis de 7 séculos ás súas costas. Apareceu como forro dun libro de Cicerón na colección de Pedro Vindel en 1914. Viaxou de novo, xeograficamente, ata que en 1977 marchou para a Morgan Library. Imos telo aquí ata marzo de 2018. Non podiamos deixar de velo nesta ocasión única

14 nov 2017

Xogos populares no magosto

Este luns 13 de novembro celebramos o magosto pola tarde, polo que realizamos tamén unha serie de actividades promovidas polo EDLG. En concreto trátase dos xogos populares, coas instrucións precisas para recuperar xogos de noso que coa sedentarización lúdica da vida moderna poden desaparecer. Así dividimos arredor dunha decena de xogos por etapas educativas e, tras comer as castañas (que estaban moi boas), baixamos os hidratos de carbono co movemento en diversas actividades

10 nov 2017

Día da ciencia en galego

Ola!

Comezamos este curso coa celebración da Semana da Ciencia en Galego.


Durante estas datas estivemos vendo na ESO o film de debuxos didáctico sobre a viaxe de Darwin a bordo do Beagle e que importancia tivo para a historia científica. Aproveitáronse as clases de ciencias, especialmente as de Bioloxía.

Pero como non podía ser doutro xeito, aproveitamos esta semana para homenaxear ao outro grande erudito ao que se lle dedicaba este ano este evento científico: Domingo Fontán. Cabe lembrar que esta data naceu para homenaxear persoeiros da ciencia, especialmente galegos, ao tempo que se quere visibilizar que as materias científicas e tecnolóxicas poden estudarse en galego despois da polémica suscitada polo Decreto 79/2010 que prohibe o material curricular en galego para impartir materias como matemáticas, tecnoloxía ou Física e Química

No noso centro, o plan Proxecta sobre Domingo Fontán coordinado pola profesora Sara Rosales e titulado "Tras os pasos de Fontán" foi presentado por un grupo de escolares de 3º de ESO. Este acto foi promovido pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística para resaltar esta data achegándose ao centro para a presentación. Xunto ao conselleiro Román Rodríguez e o secretario xeral de P.L., Valentín García, estiveron tamén Inés Ben, secretaria de Igaciencia e don Miguel Ríos presidente da Real Academia Galega de Ciencias, ademais do alcalde e da concelleira de Educación e Cultura de Portas.

Este 10 de novembro, pois, comezamos coa presentación do plan. Pero, máis alá de presentacións institucionais, o importante vai ser o traballo que se realizará ao longo do curso para valorar a figura dun grande xeógrafo, matemático e científico como foi Domingo Fontán, porque o Día da Ciencia en Galego ten que ser todos os días do ano.

14 jun 2016

Mellores cancións do século XXI en galego

Este trimestre estivemos a preparar un proxecto sobre a música galega en colaboración co Departamento de Galego no que pretendemos escoller as 10 mellores cancións orixinais de diferentes artistas do século XXI.

As bases deste proxecto contemplan dous aspectos: os temas serán orixinais, é dicir, non valerán versións de cancións alleas, e cada artista só poderá ter unha canción na fase final. Non valen, polo tanto, cancións como "A Carolina" "A rianxeira" ou "Catro vellos mariñeiros", nin tampouco as de "Chandelier" ou "Jalando" xa que son versións libres doutros temas (poderán ser parte doutro "concurso" noso no futuro)

O proxecto conta con dúas fases: na primeira fase puidéronse propoñer nas clases de galego cancións de artistas diferentes. Calquera estilio musical era válido. Logo de facer as propostas, escollemos ata tres cancións por grupo ou solista para poder votar na fase final.

Destes temas finalistas só se pode escoller unha canción de cada artista e poderanse votar ata 10 artistas diferentes.

As cancións  finalistas para votar resultaron as seguintes (artista, canción e enlace para ver-escoitar):

Ataque Escampe: "Arder"
https://www.youtube.com/watch?v=dGJ46VjPhm4&list=PLDFQZaLF_5thFqnJeDrpIWAM-TwRRVtJt

Ataque Escampe: "Misión de Audaces"
https://www.youtube.com/watch?v=oIPmk7X_nZA&index=3&list=PLDFQZaLF_5thFqnJeDrpIWAM-TwRRVtJt

Ataque Escampe: "Pel de serpe"
https://www.youtube.com/watch?v=lEoS7u8xQ3o&index=21&list=PLDFQZaLF_5thFqnJeDrpIWAM-TwRRVtJt

Berrogüetto: "Hepta"
https://www.youtube.com/watch?v=8dB5vUb0wCk

Berrogüetto: "O preciso movemento"
https://www.youtube.com/watch?v=Sn8UP1JKJ0M

Berrogüetto: "Xente"
https://www.youtube.com/watch?v=bl6EACZmMsU

Dakidarría: "Terra"
https://www.youtube.com/watch?v=ZngKOuwbDzs

Dakidarría: "Mil berros"
https://www.youtube.com/watch?v=xKp6EdqmCcI

Dakidarría: "A mocidade activa"
https://www.youtube.com/watch?v=CWD3YIFY6ds

García Mc (do colectivo Dios ke te crew): "Abaixo e de pé remix"
https://garciamc.bandcamp.com/track/abaixo-e-de-p-croma-remix-2

García Mc (do colectivo Dios ke te crew): "Amor e sangue en chiapas"
https://garciamc.bandcamp.com/track/amor-e-sangue-en-chiapas-paino-remix

García Mc (do colectivo Dios ke te crew): "Rúa Abaixo remix"
https://garciamc.bandcamp.com/track/r-a-abaixo-hevi-remix

Guadi Galego: "Chea de vida",
https://www.youtube.com/watch?v=2UuEXPq4EMI

Guadi Galego: "Matriarcas"
www.youtube.com/watch?v=VSuS_pdCvSE

Guadi Galego: "Mergullei"
www.youtube.com/watch?v=MWQ2yTysBUE

Herdeiros da Crus: "A duquesa de Poi"
https://www.youtube.com/watch?v=WgVM8eE54vQ

Herdeiros da Crus: "Buscando a Superfama'"
https://www.youtube.com/watch?v=NmVFSds4k5k

Herdeiros da Crus: "Non che teño medo"
https://www.youtube.com/watch?v=VQ9muAx__iY


Lamatumbá: "Ai Dolores"
https://www.youtube.com/watch?v=F9IlMIKTLQM

Lamatumbá: "O espertador (Non tés corazón)"
https://www.youtube.com/watch?v=ZTo6iZKgGZQ

Lamatumbá: "Reggae dos mariñeiros"
https://www.youtube.com/watch?v=YLF9VS3aMZQ


Luar na Lubre: "Memoria da noite"
https://www.youtube.com/watch?v=EZU3XqtrwG0

Luar na Lubre: "Os animais"
https://www.youtube.com/watch?v=Koe9NAby8Vs

Luar na Lubre: "Ecos do alén"
https://www.youtube.com/watch?v=q3TKXZEdM_g&list=PLx10nwpLt54zpRe2Xzy_PKj4DqkcxD7NT&index=12


Nao: "Je veux"
https://www.youtube.com/watch?v=A0mWt3XTU_o

Nao: "Desexos"
https://www.youtube.com/watch?v=P8GvgsgHPbY

Nao: "Venceremos nós"
https://www.youtube.com/watch?v=tmSS4oJtJWI


O Sonoro Maxín: "Catacúmbia"
https://www.youtube.com/watch?v=QStXHoKlVIk

O Sonoro Maxín: "Stou feliz"
https://www.youtube.com/watch?v=rOA3IO_0nIg

O Sonoro Maxín: "A rúa do perigo"
https://www.youtube.com/watch?v=ibv9g0eJ5Hs

Ruxe-Ruxe: "Buratos"
https://www.youtube.com/watch?v=jDA9de9VSOU

Ruxe-Ruxe: "Soños"
https://www.youtube.com/watch?v=dGIhI0e7frc

Ruxe-Ruxe: "Terceira guerra"
https://www.youtube.com/watch?v=VSpy8XGx-V4

Sacha na horta: "Biocultivos"
https://www.youtube.com/watch?v=Atyajq-yT3A

Sacha na horta: "Galiza chamiza"
https://www.youtube.com/watch?v=Khj-rgfbRB8

Sacha na horta: "Horta revolution"
https://www.youtube.com/watch?v=UGBZBgv0WJY


Sés: "Algo que me anime"
https://www.youtube.com/watch?v=Zo4NPolAb9s

Sés: "Co xenio destrozado"
https://www.youtube.com/watch?v=aB6bcT_YvUo

Sés: "Tempestades de sal"
www.youtube.com/watch?v=81fcyIOvnP0

Som do galpom: "Baila"
https://www.youtube.com/watch?v=XkORi0ZC6R8

Som do galpom: "Inconforme"
www.youtube.com/watch?v=dQMKEeXubrQ

Som do galpom: "A piques de estoupar"
https://www.youtube.com/watch?v=xzpIFdnS500


Zënzar: "Caneando ruainas"
https://www.youtube.com/watch?v=PQwuGiUk_JU

Zënzar: "Todo vai ben"
https://www.youtube.com/watch?v=umBr9VGRIPE


Na seguinte fase imos votar as 10 mellores cancións en galego do século XXI de entre as finalistas (só unha por artista). Cada persoa poderá votar a decena de temas que máis lle gustan e as 10 máis votadas serán as que publicaremos no seguinte artigo.





15 may 2016

Participación nos actos da Letras Galegas do Concello

Este domingo 15 de maio participamos nos actos de homenaxe a Manuel María celebrados na auditorio de Portas e organizados pola Concellería de Cultura.
Despois da actuación da obra Barriga Verde participamos integrantes do EDLG e do club de lectura na lembranza do autor lugués.

Comezamos coa actuación do Club de Lectura de Primaria que lembrou a súa vida en tres actos (Infancia, Mocidade e Madurez) e logo o Club de Lectura "As Portadas" en conxunto cos do EDLG de Secundaria realizou un recital con poemas do autor de Outeiro de Rei.

Logo déronse os premios do concurso "Cóntame un conto, veciño" e despediuse o acto coa actuación de "Os Alegres", unha banda de gaiteiros.

Foi todo un pracer participar nos actos das Letras Galegas deste ano.

13 may 2016

Celebración das Letras Galegas 2016 no CPI Domingo Fontán


Este venres 13 de maio realizamos os actos de homenaxe a Manuel María no CPI Domingo Fontán. O autor lugués ten dedicado o ano das Letras Galegas para lembrar todo o seu legado que foi moito e variado (poesía, teatro, narrativa, ensaio,...)


No noso centro agasallamos a súa memoria comezando cun recitado de Educación Infantil. Logo demos paso á actuación do Club de Lectura de Primaria que lembrou a súa vida en tres actos (Infancia, Mocidade e Madurez). Como tiñamos algúns problemas cos micros rematamos a obra un pouco precipitadamente e como andabamos xustos de tempo non fixemos o recital de poemas preparado polo alumnado do club de ESO e do EDLG.

(Pódense ver máis fotos das actuacións no blog do club de lectura: http:// asportadas.blogspot.com)

Finalmente demos os premios aos finalistas no concurso de microtextos que presentamos á VII edición de Terras do Umia. Os premiados e premiadas quedaron moi contentos e contentas cos seus agasallos.
Sección de Microcracións
Categoría A: participou toda Infantil (recollen o premio as persoas encargadas do grupo)

3-4 anos

4-5 anos

5-6 anos



Sección de Micropoemas

B1 (1º e 2º de Primaria)
Sofía

B2 (3º e 4º de Primaria)


 B3 (5º e 6º de Primaria)
Sheila
Ángeles

C (ESO)
Óscar
Celeste

 Microrrelatos

B1 (1º e 2º de Primaria)


 B2 (3º e 4º de Primaria)
Nuria

B3 (5º e 6º de Primaria)
Nayara
Mariña
 C: ESO
Marcos Ruibal
Daniel
 D: Adultos
Ramón Santalla (Moncho)


Finalmente despedímonos e case nos encamiñamos a gozar da ponte das Letras Galegas...

eXPoSiCióN dE LiBRoS dE MaNueL MaRía

Na entrada da biblioteca tivemos unha pequena exposición con obras de Manunel María que temos no centro. Sempre é unha boa ocasión para lembrar a un dos máis fecundos escritores das nosas letras, pero neste caso destaca porque se lle dedica o ano ao escritor de Outeiro de Rei.