16 may 2019
LIP DUB "Antón Fraguas" do CPI Domingo Fontán
Vídeopoema "Galicia" de Adriana Caldas e Sara Ferrín
Ola!
Achegámovos o vídeo realizado por Adrian Caldas e Sara Ferrín para o concurso da Casa Museo Manuel María e que resultou finalista xunto con outros dez vídeopoemas de toda Galicia. Proxectámolo tamén na Festa das letras do 16 de maio no acto que realizamos na azucreira.
Microcreación de Educación Infantil
Ola!
Deixámovos un enlace ao vídeo realizado polo ciclo de Educación Infantil presentado ao concurso de microcreación da coordinara comarcal de EDLG Terras do Umia. Este vídeo resultou gañador do mesmo, sendo xurado a artista plástica e gráfica Iria Ribadomar.

FESTA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
Boas!
Hoxe todo o alumnado do CPI Domingo Fontán asistimos á azucreira para celebrar o día das Letras Galegas, das nosas letras, que este ano se homenaxea ao escritor Antón Fraguas Fraguas.
Neste acto, o alumnado do Club de Lectura de 6º de educación primaria fixo unha representación teatral sobre a vida de Antón Fraguas.
Ademais, o alumnado finalista do centro na creación dos Microrrelatos e Micropoemas tivo a oportunidade de deleitarnos cos seus poemas e relatos, outorgándolle dende o centro un pequeno agasallo e diploma polo seu esforzo, súa creatividade e o seu ben facer. Noraboa a todos e a todas! E a aqueles alumnos/as que participastes e non fostes finalistas, animarvos a volver intentalo de cara o ano que vén.

No día de hoxe tamén tivemos algunha
sorpresiña, para conmemorar o día das Letras Galegas. Que aínda non sabes
de que estamos a falar? Pois estade atentos mañá ao blog que subiremos a
sorpresa que tanto levamos preparando e que tan ben nos quedou. Ata mañá non
podemos dicir nada.
Mañá teredes novas.
Un saúdo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)