As máis citadas foron: Tonecho de Rebordechao, Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, tamén apareceron obras que non son de lectura "obrigatoria" na materia de LG; así apareceu A praia dos afogados
23 abr 2016
dÍA dO LibrO, TAmÉN eN gALEGo
Este venres 22 de abril celebrouse no noso centro o Día do Libro. Xa viñeramos facendo algunhas actividades como a presentación do libro Fontán e nesta xornada realizamos unha actividade que consistiu en anotar por cousas a obra que máis lle gusta a cada persoa en galego.
As máis citadas foron: Tonecho de Rebordechao, Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, tamén apareceron obras que non son de lectura "obrigatoria" na materia de LG; así apareceu A praia dos afogados
As máis citadas foron: Tonecho de Rebordechao, Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, tamén apareceron obras que non son de lectura "obrigatoria" na materia de LG; así apareceu A praia dos afogados
21 abr 2016
iNTERCAMBIo e eXCURSIÓn con sAN sADURNIÑo

Durante este curso estivémonos carteando en 3º e 4º de ESO co CPI de San Sadurniño. A finalidade desta actividade estaba pensada para acabar coñecéndonos e interactuando alumnado de dúas realidades dialectais distintas (Portas, do bloque occidental, e San Sadurniño, do bloque central).
Este xoves 21 de abril visitamos o CPI de San Sadurniño e algunhas partes do seu concello. Despois de chegar ao centro achegámonos ao Castelo de Moeche. Case 100 persoas visitamos esta propiedade que foi dos Osorio e que resulta destacada por ser atacada polos Irmandiños no século XV.

Logo fomos xantar ao parque do río. Na sobremesa tivemos un tempo de lecer para coñecernos un pouco mellor.
12 abr 2016
Presentación do libro Fontán de Marcos Calveiro
Este martes 12 de abril presentouse no auditorio da Azucreira de Portas o libro Fontán, do escritor de orixe vilagarciá Marcos Calveiro. A obra, gañadora do premio Repsol de Narrativa Breve 2015, está publicada pola editorial Galaxia e está a ser presentada por diversos lugares da xeografía galega. Como non podía ser menos, presentámola tamén para os grupos de ensino da comarca Terras do Umia.A este acto, no que colaborou a coordinadora de EDLG Terras do Umia, asistiu alumnado do CPI Domingo Fontán de Portas, do IES de Barro e do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A maioría dos máis de 200 escolares que estiveron na presentación pertencían á ESO, agás un grupo de 6º de Primaria e que en breve esperemos que sexan alumnado ESO.
O autor, que naceu en Vilagarcía de Arousa e se interesou por este personaxe que tamén naceu na súa comarca natal, falou con amenidade para o público asistente e comentou a importancia do persoeiro que recreou no libro.
Esta obra recrea parte da
vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán,
elaborador do primeiro mapa científico de Galicia e considerada unha das
mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado pola cartografía
inglesa e francesa que as facían como empresas de estado, mentres a medición
galega foi feita polo mestre de Portas
durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea
de servir como base para a mellora viaria e económica galega.
Nesta obra, ambientada fundamentalmente no século XIX, aparece a comarca do Umia como base para a crianza de Domingo Fontán, ademais das visitas familiares a Porta do Conde que facía cando estudaba en Compostela. Tamén aparecen outros localizacións xeográficas tanto galegas como europeas.
Ao final do acto o alumnado falou co escritor, preguntáronlle pola obra e algúns achegáronse para que lles asinasen un exemplar da obra.
29 mar 2016
Charla sobre Domingo Fontán de Braulio Mondrgagón
Este martes 29 de marzo tivemos unha charla sobre o profesor, matemático, científico, astrónomo, político, industrial e xeógrafo Domingo Fontán.A charla realizouna Braulio Mondragón, integrante e directivo da Asociación Domingo Fontán e bo coñecedor da vida do egrexio portense.
Na charla falouse sobre a súa vida profesional como catedrático de matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, director do Observatorio Astronómico de Madrid, rexedor da fábrica de papel de Lousame, deputado nas Cortes de Madrid e, por suposto, do seu labor como realizador do primeiro mapa "científico" de Galicia.
Fontán realizou un mapa durante 17 anos percorrendo os camiños, medindo desde outeiros ata vales, triangulando desde as montañas ata as costas, para facer unha obra que servise nun futuro de base real para a mellora da rede viaria de Galicia. Na actualidade apenas se observan dous segundos de diverxencia coas medicións feitas vía satélite.
Esta experiencia é o primeiro chanzo para o recoñecemento deste ilustre persoeiro da cultura galega que celebrará o seu día grande o domingo 17 de abril, centenario do seu nacemento (este ano coincide a data do seu nacemento en domingo polo que os actos se celebrarán o día propio)
15 mar 2016
Ledicia Costas no CPI de Portas
A escritora viguesa Ledicia Costas estivo este martes 15 de marzo no noso centro.
A autora falou para o alumnado de ESO en dúas quendas. Unha primeira para 1º e 2º de ESO e unha segunda para 3º e 4º de ESO.

A narradora olívica realizou primeiro unha pequena charla co alumnado de 1º e 2º de ESO (aproximadamente das 12.30 ás 13.10) para falar das obras Escarlatina, a cociñeira defunta e Unha estrela no vento. O diálogo coa escritora foi fluído e os escolares preguntáronlle sobre os seus finais tráxicos, en que se inspira para escribir, que hai de verdade nos seus libros, que modelos da realidade seguiu ou por que trata certos temas.
A galardoada co premio nacional continuou cunha charla para 3º e 4º de ESO (13.10 a 13.50 aproximadamente) para falar dos libros que leron, respectivamente, neses cursos: Unha estrela no vento e O corazón de Xúpiter.. Ledicia amosounos unha proxección dunha moza canadense acosada para explicar por que os seus finais son tráxicos moitas veces, xa que pretende advertir que a realidade é dura e perigosa moitas veces. Deseguido estableceuse un diálogo con preguntas que resultou moi entretido.
O acto rematou cunha sinatura de obras por parte da autora que asinou tanto para a quenda de 1º e 2 como posteriormente aos de 3º e 4º. Esta escritora, unha das preferidas dos adolescentes, conquistounos coa súa sinxeleza, claridade e honestidade á hora de explicar como escribe. Ao final un grupo de alumnas quixeron fotografarse con ela.
Agradecemos a presenza de Ledicia Costas no noso centro que nos axudou a comprender mellor aínda as súas obras e por que escribe como escribe. Observamos que parte moitas veces de situacións ou personaxes reais para logo desenvolver un conflito que logo ficciona para extraer unha conclusión. Os seus libros resultan ademais didácticos porque reflexiona sobre os actos e as consecuencias e ademais adoita presentar algunhas doses de humor na súa escrita.
11 mar 2016
Día da Muller e Deporte
O pasado 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. No noso centro realizáronse algunhas actividades de aula para celebralo (no club de lectura prepararon unhas obriñas para falar da igualdade de xénero e dos motivos da realización deste día, no taboleiro da biblioteca expuxéronse traballos sobre a muller e o deporte en inglés e no EDLG, en colaboración co Departamento de Galego realizamos tamén unha exposición que colocamos no corredor de 1º e 2º de ESO)
Desde o EDLG estivemos a colaborar co Departamento de Lingua Galega e co proxecto do Equipo da Biblioteca para realizar unha actividade de reinvidicación das mulleres galegas e o deporte. Así fixemos unha exposición de destacadas deportistas galegas que teñen acadado un alto nivel competitivo en diversos deportes: piragüismo, atletismo, voleibol, squash, tenis, ciclismo, fútbol ou xadrez son deportes nos que sobresaen numerosas mulleres galegas.Con esta actividade pretendemos visualizar dúas cousas: as mulleres deportistas e o deporte galego que é pouco publicitado polos medios (temos campioas mundiais que case non coñecemos na nosa sociedade). A discriminación que sofren algunhas deportistas galegas é, en moitos casos, dobre: por unha banda por practicar deportes pouco recoñecidos polos grandes medios e por outra banda por ser mulleres, xa que se lles presta menos atención, en xeral, que aos deportistas masculinos.
Para que iso non pase facemos a nosa exposición de deporte feminino galego.
1 mar 2016
Microtextos finalistas para o concurso de Terras do Umia
Xa temos finalistas no concurso de Terras de Umia. Coma sempre, presentamos dous textos por cada sección e categoría.
Este ano temos a novidade da microcreación en Educación Infantil onde montamos en cada aula un historia diferente con imaxes e texto.
Agora agardaremos os resultados da comarca do xurado, no que este ano será xuíza a fabulosa escritora Andrea Maceiras.
Este ano temos a novidade da microcreación en Educación Infantil onde montamos en cada aula un historia diferente con imaxes e texto.
Agora agardaremos os resultados da comarca do xurado, no que este ano será xuíza a fabulosa escritora Andrea Maceiras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















